lunes, 10 de octubre de 2016

a Noite é necesaria (Guitiriz)



    Escribía Xosé María Díaz Castro no seu poemario Nimbos.
    Non coñecía a obra de Díaz Castro e o Concello de Guitiriz,  tan só, por comentarios dalgún amigo afeccionado a Astronomía do seu bo ceo nocturno. Quizais dalgunha viaxe da infancia, xa difusa nas lembranzas, ao Festival de Pardiñas onde cantaba meu pai. 

    Foi Doña Regina Polín (a sua alcaldesa) quen me falou de Díaz Castro cando xa estaba dando xeito a o traballo encargado polo Excmo. Concello de Guitiriz este verán. Unha grata sorpresa ao leer parte do seu poemario e ver que moitas daquelas sensacións que apuntei no meu caderno xa foran escritas coa sua plúma. E  moitas destas paisaxes que captei coa miña cámara, siguen sendo as mesmas vistas dos seus ollos.
    Guitiriz ainda conserva a esencia da Galicia onde o home vive en total respeto e simbiose coa natureza, sen ter por elo que renunciar a os avances tecnolóxicos. En Guitiriz, as noites quedaron atrapadas no ámbar de luz daquelas farolas que alumeaban o xusto e necesario sin a necesidade de borrar unha soa estrela. Unha proba gráfica dun Xardín do Eden de flora e fauna autóctona, de lagoas, ríos e regatos que fluen nun mesma rumbo. 

O ceo reverte estrelas un vento puro zúa nos budios.

Veño prendado daquela noite na Carballeira de Parga...
Desorballando os prados como sono,
o Tempo vai de Parga a Pastoriza.
Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.
¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!
(Penélope-X.Mª. Díaz Castro)

Non esquecerei o mar de neboa dende o alto do monte á búsqueda e lenda da Cova da Serpe.
E eu coma a néboa sobre os outros montes
que lles cobre a ferez  e mailas bágoas;
e eu coma a estrela que entra polo oco
do lousado do pobre na agonía
(Coma un río-X.Mª. Díaz Castro)

Mergullado  hasta os xeonllos no río Parga ao seu paso pola Ponte de San Alberte
Ó traveso da escura teadaraña
deste mundo unha estrela cai no río
da miña vida é quedáme chamando.
A beleza feriume para sempre.
(Coma unha espada- X. Mº Díaz Castro)

Coma unha illa nun mar de herba, atopei a Igrexa de Bascuas. Aproveitei ata case o amencer vendo caer as bágoas de San Lorenzo namentres o ceo xa amosaba as constelacións do inverno.
Hastra que caia a derradeira estrela,
cairá o machado en carne que choramos,
no soño puro de deixar máis bela
unha vida que amamos.
 
(A Cerna- X. Mº. Díaz Castro)


     Guitiriz é ise son de auga de fervenza, terma e muiño. Tinguitura verde de carballo e castiñeiro, bidueiros e ameneiros que atrapan néboa. Labrado e pedras que berran nas noites estreladas a un Camiño de Santiago que ainda se amosa con total intensidade. Guitiriz é esa Galicia que estamos a perder e non se debería… a (súa) beleza feriume para sempre. Coma unha espada.